Powered By Blogger

martes, 15 de abril de 2014

POR FIN CHEGOU!!

Xa era hora de dona primavera nos visitase!!, ou de que, polo menos, o sol saíse algúns días seguidos, porque xa estabamos un pouco fartos de non poder baixar ao patio.

Na clase aprendemos todos os cambios que chegan coa primavera: as árbores volven vestir de verde e todo florece; os paxaros que marcharan no outono na busca dun sitio mais quente para pasar os meses de frío voltan agora, os animais que durmiron durante o inverno comezan a espertar, os señores insectos tamén fan a súa entrada... E gustounos tanto, tanto... que decidimos plasmalo nun mural.

Témolo exposto no corredor do noso piso para que poidades visitalo cando queirades, pero apetecíanos compartir con vos este vídeo, para que vexades o ben que o pasamos mentres o fixemos e cal foi o resultado final.