Powered By Blogger

sábado, 22 de mayo de 2021

MARÍA ÁLVAREZ LE "O CAN DE MILU"

A nosa madriña desta semana, MARÍA ÁLVAREZ, fíxonos un agasallo enorme coa lectura do seu conto, e é que "O can de Milu" (Mariann Máray, Ed.Kalandraka) é outra das historias que disfrutamos cada vez que a escoitamos.

Este álbum ilustrado, e premio Internacional Compostela 2019, é unha marabilla para a vista e as súas coloridas ilustracións transpórtannos a diferentes lugares e escenarios. Pero, sen dúbida, o mellor é a historia de amizade incondicional entre unha nena e a súa mascota; unha amizade que é pura maxia.

Moitísimas grazas; María, por este conto tan ben contado, e sobre todo por facelo con moita ilusión e moitísimo agarimo. Mandámosche unha forte aperta!.

Deixamos a continuación a ligazón ao vídeo para que todas e todos poidades disfrutalo polo menos tanto coma nós.

MARÍA ÁLVAREZ LE "O CAN DE MILU"

No hay comentarios:

Publicar un comentario