Durante varias semanas, estivemos a traballar nas nosas aulas para preparar unha actividade que servise como homenaxe a Manuel María no día das Letras Galegas.
O "profe" Elías púxolle música ao poema "O arco da vella" do homenaxeado, e a partir do mesmo, comezamos a traballar aprendendo o nome das cores e vocabulario relacionado con cada unha delas. A "profe" Andrea debuxounos una arco da vella xigante que fomos completando coas novas palabras que estivemos a aprender.
O resultado final de todo o traballo realizado, resúmese neste vídeo que preparamos con todo agarimo. Desexamos que vos guste.