Powered By Blogger

miércoles, 8 de marzo de 2023

REMATAMOS UN NOVO PROXECTO

Semella que foi onte cando voltabamos das vacacións de Nadal e comezabamos "Achégate á nosa cidade", o noso segundo proxecto desde curso, e hoxe tivemos xa a celebración da aprendizaxe... o tempo voa! (sobre todo se o pasas tan ben coma o facemos nós).

Dende este espazo queremos agradecervos a vos, familias, por acompañarnos unha vez máis e sentir o voso agarimo e a vos, nosas nenas e nenos, por facernos o día a día máis doado e por esa ilusión por aprender que tendes; sentímonos moi, moi afortunadas. GRAZAS!.

Aproveitamos tamén para compartir con todas e todos o vídeo que fixemos sobre "o que non se ve no porfolio" para que o poidades ver cantas veces quierades (deixamos abaixo a ligazón) e unha foto de familia deste momento tan especial.

VÍDEO DO PROXECTO "ACHÉGATE Á NOSA CIDADE"