Unha semana máis puidemos desfrutar da actividade das madriñas e padriños de lectura, nesta ocasión coa nosa madriña LUCÍA RODRÍGUEZ que nos deleitou co conto "Oso atrapabolboretas" (Susanna Isern e Marjorie Pourchet, Ed,OQO).
Nesta marabillosa historia, o seu protagonista demóstranos que non por ser grande e parecer fero hai que selo. É un libro sobre a bondade e a xenerosidade desinteresada e o nacemento da amizade entre dous seres que parecen non ter nada en común e que ao final volveranse indispensables un para o outro.
De novo queremos agradecer aos nenos e mestres que se implicaron nesta actividade e hoxe de maneira especial á nosa madriña Lucía, que nos mantivo "enganchados" ao seu conto de principio a fin... ¡moitas, moitas grazas!.
Bravo Lucía!👏👏👏Que madrina de lectura más guapa y que bien lo has hecho!
ResponderEliminarLas madrinas y padrinos no pudieron haber sido mejores!!!!! Este tipo de iniciativas son ❤️
ResponderEliminarMuchas gracias Lucía!!!! Nos ha encantado!!!!!