Powered By Blogger

miércoles, 16 de junio de 2021

ALBA PIÑEIRO LE "FREDERICK"

Se tivesemos que describir o conto de "Frederick" (Leo Lionni, Ed. Kalandraka) cunha palabra, esa sería tenrura; e precisamente este conto vaille de marabilla á nosa madriña ALBA PIÑEIRO. Primeiro porque a lectura que fixo foi dunha tenrura extraordinaria, e segundo porque é unha nena que transmite dozura e agarimo por onde queira que pase.

Este álbum ilustrado, que é xa un clásico da literatura infantil, é unha lectura chea de sensibilidade que abre a oportunidade de falar sobre o concepto de comunidade, de por qué é importante traballar en grupo e por qué todos somos necesarios e importantes.

Dende aquí queremos darlle a ALBA un enorme GRAZAS por espertar en nós un sorriso e por facernos disfrutar tanto coa súa lectura. Convidámosvos a todos a que fagades o mesmo vendo o vídeo do seu conto.

ALBA PIÑEIRO LE "FREDERICK"

1 comentario:

  1. Muchas gracias Alba! Qué madrina más guapa y que bien lo has contado! Que suerte tienen contigo los peques

    ResponderEliminar