Powered By Blogger

miércoles, 29 de mayo de 2024

ÚLTIMA CELEBRACIÓN DA APRENDIZAXE: RAIGAME

E case sen nos decatar, outro Proxecto que remata e outro curso que está a piques de dicir adeus.

Nesta ocasión, a protagonista foi Galicia e entre todos encargámonos de descubrir e de sentir orgullo polas nosas raíces, polo RAIGAME.  

Aprendemos a disfrutar do noso: gastronomía, artesanía, cultura e sobre todo a valorar coma un tesouro o noso idioma, o galego. 

Xuntos fixemos unha viaxe apaixoante pola nosa xeografía e atopamos lugares máxicos aos que morremos de ganas por ir de verdade; descubrimos diferentes camiños para ir visitar ao Apóstolo e para ver o botafumeiro que tanto nos sorprendeu.

Pero, sen dúbida algunha, o que máis nos emocionou foi o noso folclore; música e baile tradicional, traxes, instrumentos... esto foi unha gran FOLIADA na que a nosa amiga Palmira nos acompañou a ritmo de pasodoble e o ritmo da muiñeira fixo que sacasemos aos bailadores e bailadoras que levamos dentro.

Con tanta emoción desta vez esquecéusenos facer a nosa habitual foto de familia, pero é que despois de tanto baile estabamos máis que cansos... aínda así non iamos deixar que non quedase constancia de tanta troula, así que aquí vos compartimos algún dos mellores momentos da festa que foi a nosa celebración da aprendizaxe. Desexamos que vos guste.


VÍDEO: FOLIADA 5 ANOS




2 comentarios:

  1. Que maravilloso!! Sois geniales!!

    ResponderEliminar
  2. Sois las mejores,enseñáis y hacéis felices a nuestros hijos aprendiendo y a los padres a través de ellos… no quiero que termine esta etapa! 😓

    ResponderEliminar